Unha esquerda dos cidadáns
Mércores 4 de Agosto, 2010
[1 comentario]
[1 comentario]
Manuel M. Barreiro
Imponse a evidencia dun cambio de ciclo polÃtico que ten como sÃntoma salientábel o esgotamento da esquerda, da gobernante, da opositora e da alternativa. Paradoxalmente, o caudal electoral da vaga conservadora medra cando é máis intensa a crise desatada polo crash do capitalismo de casino que tanto glorificou a nova e a vella dereita. A reacción primaria da esquerda é apelar ao resistencialismo militante. Valla como divisa a arenga de Felipe González: «Cando as cousas van mal, militancia pura e dura».









