TemposDixital


Redes Cívicas

Aloia Álvarez: “Nixeria ten unha sociedade civil dinámica e moi diversa”

Venres 3 de Setembro, 2010
Entrevista por Comba Campoy

Despois de termos ollado, de xeito efímero e por motivos futbolísticos, cara ao continente esquecido, convén lembrar que África segue a ser a alfombra baixo a que se acumulan as vergoñas de Occidente. Nixeria é un exemplo das distorsións que o ouro negro ten xerado na estabilidade dun estado teoricamente independente. Aloia Álvarez explica por que a riqueza de recursos pode ser unha maldición.



Dividendos, Obxectivos do Milenio e salarios da pobreza

Venres 23 de Xullo, 2010
Nanda Couñago e Eva Kreisler

As autoras deste artigo chaman a atención sobre as consecuencias da deslocalización do sector do textil nas condicións laborais das persoas traballadoras.



A emerxencia dos neocons gais

Martes 22 de Xuño, 2010   Ler comentarios [1 comentario]
Pablo Andrade e Rubem Centeno, activistas de Maribolheras Precarias

Debemos reflexionar sobre as consecuencias que está a provocar a institucionalización dunha parte do movemento de gais, lésbicas e trans. Desde as posicións asimilacionistas, defensoras da chamada ‘integración’, tense abandonado en boa medida o carácter político e reivindicativo dos colectivos, que funcionaban hai uns anos non só como espazos de loita, de encontro e de afectos, senón tamén como lugares de elaboración política e debate teórico.



Pye Jakobson: “din que a lei é para protexernos, mais é para protexer á sociedade de nós”.

Xoves 3 de Xuño, 2010
Entrevista por Comba Campoy

Desde 1999 a prostitución en Suecia está considerada como unha forma de violencia machista. A lei aprobada aquel ano penaliza os clientes e considera vítimas ás prostitutas. Pye Jakobson, activista da Rose Alliance, prefire falar de traballadoras sexuais para reclamar o seu papel como suxeitos activos con dereito a ser escoitadas e que optaron por esa forma de vida, por desaxeitada que fose esa decisión.



Alimentación soberana: un dereito dos pobos

Luns 19 de Abril, 2010
Comba Campoy

A nosa forma de comer determina o noso xeito de relacionarnos cos demais e coa terra. A soberanía alimentar entronca así co dereito dos pobos á lingua e cultura propias, ao seu patrimonio e tradicións. Non é unha proposta meramente conservacionista, senón que pensa, máis ca ningunha outra, nos e nas que virán.



“Os zapatistas puxeron o pasamontañas para facerse visíbeis”

Mércores 24 de Marzo, 2010
Entrevista a Marta Vázquez Pena, por Comba Campoy

Preocúpalles máis o devir que o ser,  a produción de saber como proceso colectivo e non restrinxido aos muros da universidade. De aí a reivindicación da invisibilidade, fronte á pre-visibilidade das institucións tradicionais do saber e do poder. Como  experimento ou “rede de proliferación”, a Universidade Invisíbel aglutina distintas experiencias multidisciplinares, e aspira a seguir multiplicándose.



“Os comités populares palestinos deciden as accións e nós unímonos”

Venres 19 de Febreiro, 2010
Entrevista a Leiser Pelles, membro de Anarquistas contra o Muro

 Forma parte dun grupo reducido de activistas israelitas que tomaron conciencia da inxustiza e decidiron implicarse na defensa daqueles que o seu estado oprimía. Desde 2003, as accións do grupo centráronse no muro de segregación racial (os xudeus prefiren chamalo “balado de separación”) que, coa escusa da defensa fronte aos ataques terroristas, illa e saquea ás poboacións dos territorios ocupados. Leiser non dubida en poñerse á cabeza das manifestacións palestinas para dificultarlles a diana aos soldados hebreos.



Enric Durán: “Son insolvente, así que non vou pagar ningunha multa”

Venres 29 de Xaneiro, 2010   Ler comentarios [1 comentario]
Comba Campoy

Co obxecto de pór en evidencia un sistema financeiro inxusto, este Robin dos Bancos estafou case medio millón de euros a varias entidades bancarias, solicitando créditos que adicou a financiar movementos sociais ou a publicar dous xornais de tirada masiva para defender a idea de que vivir sen capitalismo é posíbel e necesario. 

 



Unha ollada á sociedade civil africana

Venres 29 de Xaneiro, 2010
Aloia Álvarez Feans, xornalista e investigadora do Grupo de Estudos Africanos da UAM.

O noso pensar verbo da realidade africana fica reducido a unha conxunción de categorías absolutas, tinguidas de emocionalidade. Nesa construción, estática e ahistórica, non hai lugar para unha creativa sociedade civil que escrebe a súa propia Historia de África.



Asociación de Investimento Solidario “O Peto”

Xoves 31 de Decembro, 2009
Raúl Asegurado

AIS O Peto é unha asociación sen ánimo de lucro que actúa no eido da economía alternativa, e dentro disto no referido ao aforro solidario e ao financiamento ético; é dicir, está inxerida dentro dunha lóxica a nivel micro (local) de recoller parte dos aforros depositados no sistema financeiro convencional e poñelos a disposición dunha rendibilidade social. Como? A través da creación dunha bolsa de cartos que permita concesión de microcréditos a proxectos de autoemprego. Deste xeito comeza a actuar a asociación no ano 2005. Hoxendía a concesión de capital abriuse a un máis amplo abano de posibilidades, como por exemplo: adianto de bolsas de estudos, mellora da calidade de vida de persoas con economías moi baixas, adianto de subvencións para proxectos de impacto social positivo, etc…

A asociación nace en Compostela, agora temos un grupo en estado avanzado de consolidación na zona de Carballiño-Ourense, e o xerme de implantación en Vigo mais na Coruña. Na actualidade somos máis de 100 socias e socios a título persoal e algún colectivo.

Para ser socia/o hai que mercar participacións de 60 euros, dos cales o 10% son a fondo perdido para uso da asociación, o outro 90% forma parte da bolsa de cartos coa que se conceden os préstamos e este 90% é recuperábel por parte dos socios/as. Non é unha doazón, é a posta en práctica dunha forma alternativa de aforrar. A toma de decisión para a concesión de préstamo así como o uso de todo o capital é responsabilidade de  todos os membros da asociación de forma asemblearia e horizontal.
A asociación está nun momento de consolidación como un movemento social de referencia no eido da economía alternativa do noso país, así como na pretensión de crecer en rede por varias localidades. Ademais estamos como asociación inxeridos nun novo proxecto moi ambicioso que é FIARE, unha banca real, elixíbel pola cidadanía para satisfacer as súas demandas financeiras (ter conta corrente, poder domiciliar nóminas, facer transferencias, etc…) cos principios de banca ética. Estes son os dous eixos fundamentais no que está inxerida neste momento a nosa asociación.

Como se pode divulgar o decrecemento? Trátase dun proceso máis individual ou máis colectivo?
Se somos sensatos levamos pouco escoitando isto do decrecemento, como todas as cousas levarán o seu tempo mais seguro que será en poucos anos unha das esixencias dos movementos sociais e alterglobais no seu conxunto. A divulgación farase na medida en que sexa por unha banda comprendido por máis xente e axentes sociais e por outra porque no proceso de afondamento dos seus principios póidase seguir mantendo o conceito. É dicir, até hai ben pouco o conceito de “desenvolvemento sostíbel ou sustentábel” estaba na axenda de todas as organizacións máis ou menos sensíbeis coa biosfera, hoxendía xa está en entredito, co decrecemento acontecerá igual, como conceito, se é capaz de facer fronte ás resistencias ideolóxicas que se lle oporán, é só cuestión de tempo que se incorpore na linguaxe común dos movementos sociais. O proceso será tanto individual como colectivo, penso que é imposíbel desvencellar un doutro