TemposDixital


Política

Unha esquerda dos cidadáns

Mércores 4 de Agosto, 2010   Ler comentarios [1 comentario]
Manuel M. Barreiro

Imponse a evidencia dun cambio de ciclo político que ten como síntoma salientábel o esgotamento da esquerda, da gobernante, da opositora e da alternativa. Paradoxalmente, o caudal electoral da vaga conservadora medra cando é máis intensa a crise desatada polo crash do capitalismo de casino que tanto glorificou a nova e a vella dereita. A reacción primaria da esquerda é apelar ao resistencialismo militante. Valla como divisa a arenga de Felipe González: «Cando as cousas van mal, militancia pura e dura».



Michel Löwy: ” A solución á crise pasa por unha alternativa radical ao sistema capitalista”

Mércores 30 de Xuño, 2010
Unha entrevista de Alfonso Sola

A publicación do Manifesto Ecosocialista no ano 2001 foi unha iniciativa que Michael Löwy, en colaboración con Joel Kovel, puxo en marcha dende a profunda convicción de que a alternativa  e a solución á crise ecolóxica que está a vivir o planeta só poderá vir dun novo socialismo comprometido co respecto a Terra . Unha convicción que resulta imprescindible para vencer o fatalismo que os altofalantes do pensamento único propagan aos catro ventos, a vella canción de que non hai alternativa ao capitalismo, e para superar a “paradoxa de Gramsci, ao vivir  nun tempo cuxa vella orde está morrendo (arrastrando á civilización con ela) mentras a orde nova non parece capaz de nacer”.



Xosé Ramón Quintana Garrido: O BNG ante o espello

Luns 31 de Maio, 2010
Comba Campoy, Belén Puñal

A historia do BNG é curta, mais dá para aprender de erros e acertos. Deles fala o autor de Un longo e tortuoso camiño, a obra sobre o Bloque que mereceu o premio de ensaio Ramón Piñeiro do 2009.



Máis Galiza: a imaxe do novo nacionalismo

Xoves 27 de Maio, 2010   Ler comentarios [1 comentario]
Paulo Carlos López

Aínda por definir a nova correlación de forzas no seo do BNG, Máis Galiza, herdeira do quintanismo, quer diferenciarse coa marca da esquerda moderada e o nacionalismo cívico.



O negacionismo é constitucional?

Martes 23 de Marzo, 2010
Laureano X.Araújo Cardalda

O debate sobre a prohibición da negación do shoah estase presentando, erradamente, como imposición da verdade histórica por parte dos poderes públicos.



O momento da nova esquerda galega?

Luns 22 de Marzo, 2010
Marcos Pérez Pena

O encontro de Rolda Rebeldía en Compostela xuntou a movementos sociais, partidos e activistas. Un debate en marcha que provoca malestar na dirección do Bloque.



A Mesa do Parlamento rexeita admitir a trámite a ILP presentada por Queremos Galego

Mércores 10 de Marzo, 2010

Queremos Galego estudará respostas xudiciais contra a resolución da Mesa do Parlamento, que evidencia “a actitude prepotente dun Partido Popular que teima en non querer escoitar a sociedade”



Manolo Pérez Rúa. A transición por chegar

Venres 19 de Febreiro, 2010
Entrevista realizada por Belén Puñal.

O sociólogo esculca nos déficits democráticos de vello as raíces do cancro urbanístico galego. A transición non rematará, insiste, até que freemos a súa metástase.



Entrevista a Suzy Castor, intelectual haitiana

Xoves 14 de Xaneiro, 2010
Belén Puñal

Nunha entrevista publicada hai pouco máis de dous anos, a intelectual haitiana Suzy Castor amosábase esperanzada en que, tras a caída Aristide, o país puidera comezar a recuperarse, co protagonismo da sociedade civil.



Iemen: un estado achicado

Martes 5 de Xaneiro, 2010   Ler comentarios [1 comentario]
Enrique Carballo Gende

O atentado frustrado de Detroit tróuxonos este Nadal a volta aos discursos da loita contra o terror por parte dos E.E.U.U. A atención mediática vírase, tras anos, de indiferencia, cara a un pequeno país do Sur da península arábiga. O autor deste artigo, publicado antes do atentado, avisaba xa das tensións que encerra e ameazan con convertelo nun Estado falido no medio prazo.