TemposDixital


Sociedade

Aloia Ãlvarez: “Nixeria ten unha sociedade civil dinámica e moi diversa”

Venres 3 de Setembro, 2010
Entrevista por Comba Campoy

Despois de termos ollado, de xeito efímero e por motivos futbolísticos, cara ao continente esquecido, convén lembrar que Ãfrica segue a ser a alfombra baixo a que se acumulan as vergoñas de Occidente. Nixeria é un exemplo das distorsións que o ouro negro ten xerado na estabilidade dun estado teoricamente independente. Aloia Ãlvarez explica por que a riqueza de recursos pode ser unha maldición.



Dividendos, Obxectivos do Milenio e salarios da pobreza

Venres 23 de Xullo, 2010
Nanda Couñago e Eva Kreisler

As autoras deste artigo chaman a atención sobre as consecuencias da deslocalización do sector do textil nas condicións laborais das persoas traballadoras.



A emerxencia dos neocons gais

Martes 22 de Xuño, 2010   Ler comentarios [1 comentario]
Pablo Andrade e Rubem Centeno, activistas de Maribolheras Precarias

Debemos reflexionar sobre as consecuencias que está a provocar a institucionalización dunha parte do movemento de gais, lésbicas e trans. Desde as posicións asimilacionistas, defensoras da chamada ‘integración’, tense abandonado en boa medida o carácter político e reivindicativo dos colectivos, que funcionaban hai uns anos non só como espazos de loita, de encontro e de afectos, senón tamén como lugares de elaboración política e debate teórico.



Pye Jakobson: “din que a lei é para protexernos, mais é para protexer á sociedade de nós”.

Xoves 3 de Xuño, 2010
Entrevista por Comba Campoy

Desde 1999 a prostitución en Suecia está considerada como unha forma de violencia machista. A lei aprobada aquel ano penaliza os clientes e considera vítimas ás prostitutas. Pye Jakobson, activista da Rose Alliance, prefire falar de traballadoras sexuais para reclamar o seu papel como suxeitos activos con dereito a ser escoitadas e que optaron por esa forma de vida, por desaxeitada que fose esa decisión.



Alimentación soberana: un dereito dos pobos

Luns 19 de Abril, 2010
Comba Campoy

A nosa forma de comer determina o noso xeito de relacionarnos cos demais e coa terra. A soberanía alimentar entronca así co dereito dos pobos á lingua e cultura propias, ao seu patrimonio e tradicións. Non é unha proposta meramente conservacionista, senón que pensa, máis ca ningunha outra, nos e nas que virán.



“Os zapatistas puxeron o pasamontañas para facerse visíbeis”

Mércores 24 de Marzo, 2010
Entrevista a Marta Vázquez Pena, por Comba Campoy

Preocúpalles máis o devir que o ser,  a produción de saber como proceso colectivo e non restrinxido aos muros da universidade. De aí a reivindicación da invisibilidade, fronte á pre-visibilidade das institucións tradicionais do saber e do poder. Como  experimento ou “rede de proliferaciónâ€, a Universidade Invisíbel aglutina distintas experiencias multidisciplinares, e aspira a seguir multiplicándose.



“Os comités populares palestinos deciden as accións e nós unímonos”

Venres 19 de Febreiro, 2010
Entrevista a Leiser Pelles, membro de Anarquistas contra o Muro

 Forma parte dun grupo reducido de activistas israelitas que tomaron conciencia da inxustiza e decidiron implicarse na defensa daqueles que o seu estado oprimía. Desde 2003, as accións do grupo centráronse no muro de segregación racial (os xudeus prefiren chamalo “balado de separación”) que, coa escusa da defensa fronte aos ataques terroristas, illa e saquea ás poboacións dos territorios ocupados. Leiser non dubida en poñerse á cabeza das manifestacións palestinas para dificultarlles a diana aos soldados hebreos.



Onde está a Galiza social?

Mércores 17 de Febreiro, 2010   Ler comentarios [1 comentario]
Por Isabel Lodeiro Vales

Continuamente escoitamos nos medios de comunicación a expresión  “estado de benestar”, mais quizais sen ser conscientes do que significa este, ou dos distintos significados.

 



Enric Durán: “Son insolvente, así que non vou pagar ningunha multa”

Venres 29 de Xaneiro, 2010   Ler comentarios [1 comentario]
Comba Campoy

Co obxecto de pór en evidencia un sistema financeiro inxusto, este Robin dos Bancos estafou case medio millón de euros a varias entidades bancarias, solicitando créditos que adicou a financiar movementos sociais ou a publicar dous xornais de tirada masiva para defender a idea de que vivir sen capitalismo é posíbel e necesario. 

 



Irlanda prepárase para recibir a lei de parellas de feito

Luns 28 de Decembro, 2009
María Golpe Varela

En xuño deste ano o goberno irlandés publicaba o texto no que se baseará a primeira peza de lexislación sobre parellas de feito do país, o chamado Civil Partnership Bill.