TemposDixital


Economía

Crise de conxuntura ou de estrutura?

Luns 19 de Xullo, 2010   Ler comentarios [1 comentario]
Por Iñaki González

Mentres nos afanamos en achicar a auga que nos afunde na crise económica, o naufraxio dos mercados e a imposibilidade de crear emprego, imos botando pola borda a convicción de que o Estado social de benestar é posible.



Política eólica: a demolición

Luns 31 de Maio, 2010
Anxo Calvo, ex director xeral de Industria.

Se hai un ámbito onde o nihilismo do Goberno nacido nas eleccións do 1 de marzo acada cotas insuperables, ese é o da política enerxética, nomeadamente a eólica. Esta afirmación apóiase nun feito incuestionable: durante este primeiro ano de lexislatura, a actuación gobernativa do gabinete Feijoo en materia de parques eólicos estivo exclusivamente centrada en destruír todo o labor realizado polo Goberno de coalición BNG-PSOE.



Tempos confusos na economía

Martes 23 de Marzo, 2010
Manuel Barbeitos Alcántara

Vivimos tempos confusos na Unión Europea que invaden e debilitan o chamado estado de benestar, desenvolvido en maior ou menor medida dependendo do país. O estado de confusión, porén, semella maior no caso español que noutros lugares.



A batalla das Caixas

Xoves 18 de Febreiro, 2010   Ler comentarios [1 comentario]
Enrique Sáez Ponte

En Galiza estase producindo unha batalla política que marcará un antes e un despois da súa capacidade de autogoberno. O que se decida sobre as caixas de aforros galegas nos vindeiros meses  será determinante, non terá volta atrás e marcará territorio, non só para as empresas afectadas, senón para as competencias da Xunta na súa regulación. É unha batalla de fondo que ten moitos matices e frontes, que provocan análises diversas e contrapostas, algunhas interesadas e moitas de enfoque limitado, que levan a enfrontamentos mesmo dentro dos grupos políticos máis representativos e, no caso dos partidos estatais, as tensións entre o centro e a periferia, ás que lles cómpre engadir os enfrontamentos puramente locais.



Desafíos económicos para o 2010

Luns 1 de Febreiro, 2010
Juan Carlos Bermejo, Antón Baamonde, Rafael Cuíña, Ramón López Facal, Teresa Conde Pumpido, María Xosé Bravo Bosch, MIguelanxo García

Tendo en conta as máis fondas raíces da crise económica actual, consultamos a un abano diverso de persoas do mundo cultural e político galego, polas tres liñas prioritarias de actuación que deberan acometerse para recuperarmos a esperanza.



Orzamentos 2010: luz verde á privatización

Mércores 23 de Decembro, 2009   Ler comentarios [1 comentario]
Iván Xil González

A adopción dun modelo “á británica” para a sanidade ou a redución orzamentaria para o ensino son só algunhas das accións políticas que baten de fronte cos dereitos cidadáns elementais citados na Constitución Española.



A crise da prensa

Xoves 3 de Decembro, 2009
Luís Álvarez Pousa

Cada vez hai máis cidadáns que toman conciencia da situación, e se amosan sensibles respecto das manipulacións mediáticas, convencidos de que, por paradoxal que pareza, nunca como agora vivimos nun estado de tanta inseguridade informativa. Prolifera a información, pero sen garantías de fiabilidade. A cidadanía é vítima do xornalismo especulativo e do que utiliza os códigos do espectáculo en detrimento do xornalismo de información.



A crise do sector lácteo: algunhas reflexións

Mércores 11 de Novembro, 2009
Isabel Lodeiro Vales

Desde os últimos meses Galicia é un fervedoiro de protestas. Quedou demostrado na pasada primavera, cando converxeron conflitos como o do metal en Vigo, o do grupo Caramelo na Coruña, amáis doutros do sector téxtil, así como o do sector leiteiro en toda a Galiza, por salientar só tres deles. Todo isto vivinno cando vin a Galiza nesas datas.
Cando marchei de novo a León chegarase a un acordo para pagar 31 céntimos por litro de leite, agora outra vez na miña terra as protestas voltaron, porque non se cumpriu o acordo.



Un outono de conflitos e ameazas

Luns 19 de Outubro, 2009
Justo Beramendi

Dánse tódolos indicadores que inducen a pensar un outono/inverno conflitivo. A recesión económica, que se ceba nos sectores máis febles, non só vai para longo. Tamén a utilizan como máscara para ocultar o deterioro dunha democracia sometida en exceso a todo tipo de tramas e trampas. En Galicia, tamén.



Caixas galegas: unha decisión crítica

Luns 5 de Outubro, 2009
Marcelino Fernández Mallo

Sen capacidade financeira non hai autonomía de decisión, indica o autor. Unha fusión con caixas foráneas agudizaría  a perda do peso específico de Galicia no Estado.