Venres 3 de Setembro, 2010
Entrevista por Comba Campoy
Despois de termos ollado, de xeito efÃmero e por motivos futbolÃsticos, cara ao continente esquecido, convén lembrar que Ãfrica segue a ser a alfombra baixo a que se acumulan as vergoñas de Occidente. Nixeria é un exemplo das distorsións que o ouro negro ten xerado na estabilidade dun estado teoricamente independente. Aloia Ãlvarez explica por que a riqueza de recursos pode ser unha maldición.
Venres 3 de Setembro, 2010
Por Comba Campoy
A industria cultural que máis inflúe na construción dos nosos imaxinarios está dominada por homes. Eles crean as historias que acabarán por penetrar nos nosos soños e os heroes cos que nos identificaremos. Sempre masculinos. Ainda que elas contan con similar nivel de formación, seguen atopando máis pedras no camiño. As mulleres cineastas organÃzanse para virar a situación.
Manuel M. Barreiro
Imponse a evidencia dun cambio de ciclo polÃtico que ten como sÃntoma salientábel o esgotamento da esquerda, da gobernante, da opositora e da alternativa. Paradoxalmente, o caudal electoral da vaga conservadora medra cando é máis intensa a crise desatada polo crash do capitalismo de casino que tanto glorificou a nova e a vella dereita. A reacción primaria da esquerda é apelar ao resistencialismo militante. Valla como divisa a arenga de Felipe González: «Cando as cousas van mal, militancia pura e dura».