TemposDixital


Novembro, 2009

A corrupción ten raíces fondas

Venres 27 de Novembro, 2009

Os medios publican un escándalo detrás do outro, casos que aínda que non estean ligados entre si agroman na mesma base: unha cultura política que desculpa o fraude. Xesús Palmou, Xaquín Álvarez Corbacho e Francisco Constenla, membros do Consello de Contas a proposta de cada unha das tres formacións políticas con representación parlamentaria, ofrecen a súa análise neste artigo para TN.



Cooperación, xénero e igualdade

Venres 27 de Novembro, 2009
Ana Cabaleiro López

Vanakkam significa benvida/benvido en idioma tamil. Para un grupo cada vez máis numeroso de galegas e galegos, Vanakkam significa oportunidade. Oportunidade de coñecer, aprender, gozar e enriquecer a nosa perspectiva a través do estudo dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas/os no Desenvolvemento ten en marcha na India e en Etiopía.



A cultura sen nós

Venres 27 de Novembro, 2009
Xurxo Borrazás

Ao PP o único que lle amola da arte son os artistas. Sen eles, todo sería perfecto. As persoas, en xeral, non traen máis que complicacións.



Avoinha, avoinha… que dentes tam longos tês!

Mércores 25 de Novembro, 2009
Lupe Ces Riobóo

No mitim onde se apresentou a futura Lei de Economia Sostível, Zapatero reiterava mais umha vez, que o PP “nom tem projecto para Espanhaâ€. Quem convenceu à cúpula do PSOE de que esse lema era um necessário e útil para criticar à oposiçom conservadora, equivocou-se de pleno. O PP tem um projecto perfeitamente definido, e está articulado co poder financeiro e a hierarquia católica. Na Galiza, o seu projecto é tam claro, que só o medo a tensar demasiado a corda e ter que enfrentar-se a um reagir social como o do Prestige, fai que os motores vaiam a meio gás polo de agora, mas o rumbo do barco deixe umha estela inconfundível. É por isso que todos os esforços deveriam estar orientados a desenmascar esse projecto diante da opiniom pública, e nom a negar a sua existência como um defecto ou carência. Ogalhá esta direita nom tivesse claro o que tem que fazer!



Algunhas contradicións dos medios ante a violencia de xénero

Mércores 25 de Novembro, 2009
Olga Castro Vázquez

Aos medios de comunicación debémoslles dalgún xeito que a violencia de xénero saíse do privado e hoxe se considere un problema social. Facendo caso daquela máxima de que só existe o que sae nos medios, o testemuño de Ana Orantes nun talk-show da televisión andaluza describindo os comportamentos vexatorios e misóxinos do seu marido que levaba corenta anos aturando foi o punto de inflexión para que, a finais dos 90 e por vez primeira na nosa contorna, a violencia ‘existise’.




Venres 20 de Novembro, 2009



Sri Lanka: a ferida segue aberta

Venres 20 de Novembro, 2009
Enrique Carballo Gende

Tras vinteseis anos de loita, o goberno de Sri Lanka venceu os Tigres de Támil, a guerrilla máis antiga de Asia. Os combates remataron mais a ferida segue a supurar.
 



Orzamentos e corrupción

Xoves 19 de Novembro, 2009
Justo Beramendi

Estes son sen dúbida os dous asuntos que protagonizan o escenario público deste mes de outubro. Na interminable partida de sal ti de aí para poñerme eu a que se reduce no fondo a nosa política real, os dous xogadores maiores a escala española seguen en empate técnico, e non porque estean igualados en méritos, senón porque os dous compiten por quen o fai peor. Fermoso panorama en momentos de tanta turbación.



A democratización máis alá do acceso

Xoves 19 de Novembro, 2009
Ania González

O sistema de elección por concurso público dos directores-/as de centros culturais é, ao meu xuízo, só un primeiro paso necesario, entre outros, para xerar máis alá de garantías de democratización e calidade na selección realizada, posibilidades de desenvolvemento de novos modelos para estes centros en tanto espazos públicos.

 



É Somalia un estado pirata?

Xoves 12 de Novembro, 2009
Roberto Mansilla.

Encravado no Corno de África, probablemente a característica principal que define a Somalia é a dun “Estado-fracasado”, categoría política occidental que identifica aos países con escasa ou nula capacidade para manter e garantir un mínimo de gobernabilidade e estabilidade política e territorial.

Cunha poboación de pouco mais de 9 millóns de habitantes, Somalia é noticia nos últimos tempos debido á proliferación da actividade de diversos grupos dedicados á piratería no Océano Índico e no Golfo de Adén, elemento que acrecentou a percepción exterior dun “país paria”, dominado por unha diversidade de milicias e faccións armadas afastadas dunha autoridade centralizada desde a capital Modadiscio.

Caos interno e islamismo radical
Ex colonia italiana e británica independente desde 1960, Somalia ilustra un foco constante de guerras civís acaecidas desde 1991 entre unha multitude de clans tribais e políticos, afectando seriamente á súa integridade territorial e, por conseguinte, a estabilidade sociopolítica dun país sumamente economicamente pobre, dependente dos seus recursos pesqueiros pero con importantes xacementos de petróleo, gas natural e minerais.

O réxime de corte socialista e prosoviético instaurado por Siad Barre tralo golpe militar de 1969 configurou un mínimo de estabilidade política que se derrubou progresivamente coa súa caída en 1991. Dende entón, Somalia transita por unha prolongada etapa de inestabilidade, caos e anarquía política, que levou incluso á práctica secesión territorial da república de Puntlandia, ao norte do país (precisamente o territorio que alberga a maior actividade da piratería nos últimos anos), así como doutros territorios como Somaliland e Jubaland.

Paralelamente, a rivalidade coa veciña Etiopía, Quenia e Eritrea, deu paso a constantes invasións militares dos exércitos destes países, especialmente no caso etíope, como ocorreu recentemente en 2006, que colocaron a Somalia como unha especie de laboratorio experimental dos conflitos rexionais no Corno de África.

Cómpre tamén considerar a presenza desde 1991 de milicias armadas islamitas, aparentemente agrupadas na Unión dos Tribunais Islámicos (UTI), que constantemente ameazan a autoridade do débil Goberno Federal Transitorio (GFT) instaurado en Mogadiscio en 2004, con apoio e recoñecemento occidental. Como aparente foco do “islamismo radical” no Corno de África, Somalia foi inmediatamente identificado por EEUU como presunto albergue do terrorismo islamita afiliado á rede de Al Qaeda, razón que motivou a Washington en 1993 a realizar unha fracasada invasión militar de Somalia.

A piratería somalí
A caótica situación interna, que provoca o drama humano dos desprazados e refuxiados dos conflitos internos,  xunto á falta dunha autoridade central estable e viable e a proliferación de faccións armadas que controlan diversos territorios e a pobreza socioeconómica, configuran un panorama proclive á manifestación de actividades como a piratería nas augas da plataforma continental somalí no Océano Índico e no Golfo de Adén.

Os piratas, con principal centro de operacións na poboación de Eyl, en Puntlandia, e unha notable utilización de tecnoloxía de armamentos, móbiles e identificación satelital, utilizan esta actividade como un evidente mecanismo de prestixio social entre os seus propios clans, así como elemento para saír de situacións de pobreza, con claro coñecemento de non existir unha lexislación pública internacional que permita actuar legalmente con efectividade ante piratería marítima. Os eficaces medios con que contan para realizar a piratería dá a entender un posible e activo tráfico de armamentos e contrabando de tecnoloxía no Golfo de Adén.

Segundo estimacións da International Maritime Boureau, os piratas somalís obtiveron ganancias de aproximadamente 100 millóns de dólares en 2008, básicamente utilizados no reparto do botín, o suborno aos oficiais locais e a compra de armamento e tecnoloxía para as súas actividades.

    Paralelamente, entre a diversidade da piratería somalí, conformouse un grupo denominado “Garda Costeira Voluntaria de Somalia”, lexitimando as súas actividades como mecanismo de defensa para os seus caladoiros pesqueiros, acusando ás compañías e países occidentais da presunta “explotación indiscriminada e ilegal” dos seus recursos pesqueiros. Un factor que incrementa aínda máis a complexidade política e de seguridade á hora de abordar o problema da denominada “piratería somalí”.

Roberto Mansilla é analista do IGADI