TemposDixital


Novembro 11th, 2009

A crise do sector lácteo: algunhas reflexións

Mércores 11 de Novembro, 2009
Isabel Lodeiro Vales

Desde os últimos meses Galicia é un fervedoiro de protestas. Quedou demostrado na pasada primavera, cando converxeron conflitos como o do metal en Vigo, o do grupo Caramelo na Coruña, amáis doutros do sector téxtil, así como o do sector leiteiro en toda a Galiza, por salientar só tres deles. Todo isto vivinno cando vin a Galiza nesas datas.
Cando marchei de novo a León chegarase a un acordo para pagar 31 céntimos por litro de leite, agora outra vez na miña terra as protestas voltaron, porque non se cumpriu o acordo.