Todo proxecto de vida sustentábel pasa por un proceso previo de concienciación individual e/ou colectiva. A educación é, por tanto, fundamental na divulgación do decrecemento. Un bo exemplo consititúeo o Centro de Educación Ambiental As Corceirizas, do que nos fala Rebeca Carreiro, unha das súas técnicas.
Para a definición e posta en marcha do proxecto de As Corcerizas foi fundamental o asesoramiento e apoio de Amigos da Terra, que actualmente xestiona as instalacións, e quen apostou firmemente para que os edificios foran construidos baixo criterios de sostibilidade, e de que o destino final do equipamento sexa, ademais de albergue, Centro de Educación Ambiental.
O proxecto tivo a súa orixe nunha iniciativa de dinamización da serra ourensá por parte da asociación cultural “Amigos dos Milagres e San Mamedeâ€, entidade de ámbito local que abrangue os concellos de Vilar de Barrio e Baños de Molgas. Entre as súas prioridades sempre destacou a promoción dos valores patrimoniais, naturais e antropolóxicos, da Serra da San Mamede. Froito destas inquedanzas conseguen a cesión por parte do Concello de Vilar de Barrio dos terreos e edificacións de “As Corcerizasâ€, e despois de moitos esforzos conseguen a implicación de distintas administracións públicas para a rehabilitación e construción destas instalacións, co ánimo de convertelas en polo de atracción de visitantes e acadar un maior desenvolvemento do territorio no que está inmerso.
O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas está plenamente concibido dende a súa planificación e construción cunha óptica de Desenvolvemento Sostible. Utiliza técnicas de bioconstrución, elementos construtivos ecolóxicos (producidos sen prexudicar o medio ambiente, elaborados no territorio próximo, respectando os usos tradicionais, etc..); tendo en conta a eficiencia enerxética (técnicas bioclimáticas, iluminación de baixo consumo, illantes ecolóxicos, pinturas e aceites naturais, etc.); todo o consumo enerxético é de producción propia e exclusivamente provinte de fontes renovables (solar térmica, solar fotovoltaica, eólica, microhidráulica e biomasa), etc.
En definitiva, en todo momento se puxo especial coidado na minimización do impacto ambiental e a realización dun uso sustentable do territorio. Deste xeito, as instalacións contan con 4 edificios principais independentes e de varias construcións complementarias:
Aulario: construÃdo con arquitectura bioclimática e materiais de bioconstrución, garantindo a total comodidade dos participantes. Posúe unha superficie de 80m2. A aula está equipada con mobiliario docente para máis de 30 participantes, ademais dos elementos auxiliares necesarios e medios audiovisuais.
Comedor: instalación tamén feita con criterios e materiais de bioconstrución. Dispón de mobiliario necesario para ofrecer servizo ate 80 persoas, unha sala multiusos–comedor superior a 50m², aseos diferenciados por sexos e outro aseo con adaptación para persoas con discapacidade, sala de reunións, oficina, cociña industrial, despensas, almacén e cheminea.
Albergue: antiga casa reformada con criterios e materiais de bioconstrución, con capacidade para 40 persoas (2 camas adaptadas para persoas con discapacidade). Dispón de aseos e adaptación para discapacidados.
Ademais, presenta un salón comunitario con cheminea, unha cociña de uso comunitario, unha enfermerÃa e recepción. Dispón de calefacción en todas as habitacións.
Centro de xestión enerxética: nela centralÃzanse todos os sistemas de produción e distribución enerxética compostos por paneis de control, baterÃas estacionarias, colectores de auga quente sanitaria, caldeira de biomasa, placas solares térmicas e fotovoltaicas e grupo electróxeno de emerxencia.
Outras construcións: turbina, potabilizador, aeroxerador.
As instalacións están integradas no ecosistema forestal da Serra de San Mamede, no L.I.C. Macizo Central Ourensán, situado no sudoeste da provincia de Ourense. Este espazo protexido de alta montaña, que conta con 53.000 hectáreas, resulta excepcional para observar a mestura bioxeográfica que se produce entre a rexión mediterránea húmida e a eurosiberiana de montaña galego-portuguesa.
Polo feito de ter unha superficie tan ampla, confluencia de rexións bioxeográficas, e un relevo variado, presenta moi diversas especies vexetais, tanto de tipo mediterráneo como de tipo atlántico, o que lle confire unha excepcional biodiversidade.
Polo seu alto valor ecolóxico e pola súa rareza, destaca o L.I.C. Bidueiral de Montederramo, unha das fragas situadas mais ao sur de Galiza e de óptimo estado de conservación.
A Serra de San Mamede conta cun enorme patrimonio natural e cultural, constituÃndose como un entorno excepcional para un Centro de Educación Ambiental como é o das Corcerizas.
O proxecto deu comezo no ano 2.001, pero a fase de acondicionamento das instalacións se prolongou ata o 2.003, coa realización de algunhas actividades puntuais. Foi a partires deste ano cando se iniciou a fase de estabilización, coa realización de actividades adicadas á educación ambiental ao longo de todo o ano. Trátase dun proxecto xóven que se atopa en continuo crecemento e con grandes perspectivas de expansión nun futuro xa próximo.
Actualmente o equipamento está xestionado por 3 técnicas ambientais, aÃnda que contamos coa colaboración e axuda de 2 voluntarios europeos e como non do resto de técnicas/os, socios/as e voluntarios/as que forman Amigos da Terra, onde é dificil precisar un número exacto, xa que moitas veces varia dependendo da súa dispoñibilidade.
A nosa equipa conta con ampla experiencia e cualificación, creando un equipo sólido, formado e experimentado, coñecedor do entorno e do singular funcionamento (especialmente enerxético) de As Corcerizas. A súa longa traxectoria en temas de educación, formación, animación e divulgación, aportan a confianza necesaria que garante programas de alta calidade onde os/as participantes de cada programa ou actividade van a adquirir coñecementos e actitudes de xeito informal, que os capacitarán para vivir con coherencia e respecto nunha sociedade de futuro.
O centro autoabastécese enerxeticamente. Consegue funcionar á marxe de industrias eléctricas ou tedes que botar man dese suministro en casos de moita demanda? Pódese vivir sen Endesa, Gas Natural ou Fenosa? Vós como o facedes?
Realmente e a dÃa de hoxe o Centro de As Corcerizas cubre as súas propias necesidades enerxéticas a partir exclusivamente de fontes de enerxÃas renovables (solar térmica, solar fotovoltaica, eólica, microhidráulica e biomasa), empregando técnicas e materiais de bioconstrución e arquitectura bioclimática. Non precisamos dos servizos de ningunha desas multinacionais, nós nos autoxestionamos perfectamente xa que as enerxÃas renovables funcionan á perfeción e as construcións bioclimáticas dos nosos edificios axuda moito ao aproveitamento e a redución de perdas de enerxÃa. E asà como o conseguimos, son os propios edificios, os materiais utilizados, os criterios baixo os que se construiron, as enerxÃas, em conclusión, son un conxunto de factores que o consiguen case sos.
Tamén aplicades sistemas de xestión dos residuos. Nas cidades existen sistema de recollida selectiva, supostamente de cara á reciclaxe. Cal é a túa opinión do funcionamento deses sistemas? DeberÃamos tender cara á autoxestión dos propios residuos; como facelo?
Si, ademais da utilización de enerxÃas renovables e as construcións bioclimáticas, o centro tamén posúe depuración biolóxica das augas residuais mediante a utilización dun sistema innovador de plantas acuáticas (macrófitas), e a compostaxe dos sólidos orgánicos, dota ao equipamento dunha case total autosuficiencia na xestión de residuos.
En canto á problemática dos residuos, a solución máis coherente está baseada nun modelo de xestión descentralizado, con tecnoloxÃas sinxelas e na medida do posible baseado na autoxestión. Cada un de nós, mediante técnicas moi sinxelas podemos contribuir a aminorar esta problemática en primeiro lugar, reducindo o noso lixo; sendo un pouco máis conscientes no momento de realizar as nosas compras, podemos rexeitar moitos produtos que conteñen envases innecesarios, elexindo alternativas a granel ou cos mÃnimos envases posibles; estamos asà reducindo en gran parte o noso caldeiro do lixo. Despois, se contamos cun pequeno trozo de terreo, podemos xestionar os nosos residuos orgánicos a través da compostaxe, e transformalos en compost para as nosas plantas ou xardÃns. E co resto, a través dunha correcta separación selectiva, contribuiremos a que eses residuos pasen a formar parte dun proceso de reciclaxe, convertendose en recursos útiles, no lugar de ser eliminados, tendo que crear asà materias novas para crear novos produtos.
Non se trata de volver a tempos pasados, trátase simplemente de recuperar costumes sinxelas e poñelas en valor.