O rol clave das radios comunitarias chilenas na resposta contra o terremoto
As radios comunitarias han mostrado o seu rol esencial na resposta humanitaria fronte ao terremoto e os maremotos que golpearon Chile o 27 de febreiro. Unhas 100 pequenas radios locais están situadas en zonas
que foron gravemente golpeadas polo movemento sÃsmico. Moitas de entre elas seguiron transmitindo co obxectivo de asegurar información de emerxencia a pesar de contarse entre os damnificados.
Apenas catro dÃas do desastre unha transmisión diaria especial viu a luz, o “Noticiero Ciudadano”. Unha iniciativa conxunta de Radio Juan Gómez Millas, Radio Terra, La Radioneta e ECO Comunicaciones, ademais
coa colaboración de Radio Placeres, Radio El Encuentro, Radio La Ventana e xornalistas en terreo nas zonas máis afectadas. O programa contén noticias importantes e análises esenciais para que os cidadáns sexan informados da resposta ao desastre como tamén asistir aos máis afectados.
A pesar do rol protagónico na reposta humanitaria aos desastres, moitas radios comunitarias en Chile operan con moi baixa potencia en espera da promulgación da lei de radios comunitarias que está actualmente no Tribunal Constitucional. A nova lexislación ten diversas debilidades, pero polo menos establecerá estándares mÃnimos para garantir servizos de radiodifusión operados por organizacións da sociedade civil que respectan o dereito á comunicación.
Nun comunicado do 6 de marzo, a Asociación Mundial de Radios Coumnitarias (AMARC) instou ao novo goberno de Sebastian Piñera avanzar inmediatamente na promulgación da lei que protexa e fomente a radiodifusión comunitaria. Ao mesmo tempo chama a que a ameaza de encarceramento ou incautación de equipos, establecida na Lei de Telecomunicacións de 1982 sexa substituÃda por un marco regulatorio da radiodifusión que sexa consistente cun sistema de dereitos democráticos e cos estándares internacionais de liberdade de expresión.
Temas relacionados: AMARC, Chile, radios comunitarias, terremoto















