Galiza erótica
Un artigo de Leo F. Campos
Hai por aí un ano saudabamos aquí o Fodemillo, os sexblogs en galego. Hoxe só pervive actualizado o pioneiro, Cesare. E repetimos diagnóstico: é fodido procurar o ítem “foder” no ordenata do choio, que é onde se consultan os blogs.
Xa na casa podemos gozar -que non desfrutar- con escenas de tanta voltaxe coma as que topamos en mundoquente.com ou nas páxinas de Galicia Erótica: modelos espidos/as en palleiros, xunta hórreos, en cabo Touriñán… E mesmo un trío en plena praza do Obradoiro, da produtora compostelá Totó Films. O seu xefazo/actor, de 24 anos, estudou, claro, en Compostela. Non hai medo de que a bóla do Atlas do pazo de Bendaña caia. Aínda.
O asunto é que dende María a Balteira e as porcalladas na boca de Afonso X -o Sabio- tardamos ben séculos en tirar o refaixo. Pero os tempos son chegados no barrio das humidades: Totó anuncia a rodaxe de Lingua galega, a primeira peli porno en galego de todos os tempos.
Non sei se teñen xa “lingüísta”, pero eu póñome voluntario.
Temas relacionados: Galicia Erótica

















[...] A productora porno Totó Films, que dirixe o actor tamén porno Totó García, coñecido polas famosas escenas quentes na praza do Obradoiro, anunciou a inminente rodaxe dunha película en galego. Sería a primeira de temática porno rodada íntegramente nesta lingua e levaría por título, precisamente, ‘Lingua Galega’. Via temposdixital [...]