TemposDixital

Ás barricadas

Venres 29 de Agosto, 2008   Ler comentarios [6 comentarios]    Engadir a digg | Engadir a technorati | Engadir a wikio | Chuza esta nova | Engadir a Mename | Engadir a Del.icio.us | Engadir a Yahoo
Isto é o conflito lingüístico. Xa botarán de menos o bilingüismo harmónico. Empezaron eles.

Un artigo de Leonardo F. Campos


Isto non é para eles, senón para nós; para nosoutros, mesmo. Aquí non vai haber argumentos. O argumento é un e ben simple: só elixe libremente quen pode escoller, como certou Joan Garí o 26 de xuño no Público. Non o entende quen non quere. Isto non é un artigo: é unha incitación.

Unha mentira, unha trola, unha xarda, unha boga deixa de parecelo se se repite veces abondas. Canto máis se repita máis merda deita sobre a verdade. Isto non é outro post máis sobre lingua para os trolls. Non penso responder ghaviotadas nin animaladas polo estilo. Porque cansa. E hai tempo que isto non é un debate dialéctico, senón unha cuestión de Resistencia. Con maiúscula.

Así que hoxe vou aforrar enerxías. Vanme cumprir para asinar manifestos, ir a manifestacións, facerlles boicot a medios, ciclistas, modistos, cantantes, esixirlles aos políticos posicionamentos, recompilar argumentos e contraargumentos, responder ás agresións, debater na casa, nos bares, no choio. Na rúa.

Isto é o conflito lingüístico. Xa botarán de menos o bilingüismo harmónico. Empezaron eles.

Temas relacionados:

Comentarios a «Ás barricadas» (6 comentarios)

  1. Calidonia » Non me sabes dixo:

    [...] me sabe nada nadiña. Non nos deixan alternativa. Ás barricadas. Boicote. [...]

  2. chuza.org dixo:

    Ás barricadas…

    Isto é o conflito lingüístico. Xa botarán de menos o bilingüismo harmónico. Empezaron eles….

  3. O demo me leve » Archives » Mondariz nom me sabe bem! dixo:

    [...] nom o poderia dizer melhor ( # # # # # # #). Querem conflito lingüístico? Pois terám conflito lingüístico, que [...]

  4. Apocalipse do porco » Reaccionarios dixo:

    [...] Brétemas, Mario, Leo, Pawley, Xabier P. Docampo, Calidonia. chuzame – Escrito en Sen categoría por ghanito | [...]

  5. Empezaron eles « REPÚBLICA INDEPENDENTE DE RABUÑADE dixo:

    [...] tamén me sumo ás barricadas, basta de mentiras, de hipocresías e de conveniencias. Fai o que queiras coa túa conciencia e o [...]

  6. Erasmo dixo:

    Para construír a Nación Galega sobran “os radicais do absolutismo” e “os radicais da liberdade”.

    Galegos e galegas somos todos !!!

Deixe unha resposta

TEMPOS Dixital resérvase o dereito de editar ou borrar as colaboracións dos usuarios/as que comporten:

  • Vulneracións do respecto e dignidade das persoas ou mensaxes discriminatorias, xenófobas ou sexistas.
  • Comentarios que atenten contra a xuventude, a infancia e a seguridade pública.
  • Ligazóns a contidos pornográficos ou arquivos ilegais.
Os comentarios publicaranse despois de admitilos o moderador.

Debe estar rexistrado para engadir un comentario.