TemposDixital


bipartito

Matrimonios morganáticos

Luns 9 de Marzo, 2009
O auténtico problema da disintonía bipartita percibida pola cidadanía deriva de algo no fondo bastante simple e que non ten nada que ver coa lingua.

Un artigo de Xavier Vence




As áreas metroaldeanas

Venres 6 de Marzo, 2009
A proba do cambio radica fundamentalmente nas políticas sociais e de innovación, mais tamén aí a competencia entre os dous socios de goberno xoga en contra.

Un artigo de Xosé Luís Barreiro Rivas




O bipartito máis fraguista

Venres 6 de Marzo, 2009
En ningún outro sector se manifesta o bipartito máis fraguista ca no das políticas da comunicación.

Un artigo de Luís Álvarez Pousa




A I+D e a innovación dous anos despois

Venres 6 de Marzo, 2009
O novo goberno asumiu como bandeira a aposta polo coñecemento para o medre do país. O autor analiza o que deu de si a política en I+D+i deste executivo.

Un artigo de Xavier Vence




Novas eleccións, vellos rituais e mañas vellas

Venres 16 de Xaneiro, 2009
Baixou o pano da primeira lexislatura do bipartito. O presidente da Xunta fixou por fin a data dos vindeiros comicios autonómicos para o 1 de marzo. Cunha economía en tormenta perfecta, ábrese a oitava batalla polo poder en Galicia. Haberá segundo mandato para a coalición PSdeG-BNG? Recuperará o PP a Xunta de Galicia? O que se dirime é o de sempre. Os rituais do torneo non cambian ren.

Un artigo de Justo Beramendi




Aplausos de opinión

Venres 29 de Agosto, 2008   Ler comentarios [1 comentario]
As principais sinaturas dos diarios galegos gabaron o golpe de temón de Emilio Pérez Touriño, por esgotar a lexislatura e por non comprometer a cita coas urnas en Galicia ás querenzas de Ferraz.



Probas de autoridade

Venres 29 de Agosto, 2008
Editorial de TEMPOS Novos nº136 (setembro de 2008)


“No programa político do bipartito non houbo aínda ningunha medida que o PP non puidese tomar como propia”

Xoves 21 de Agosto, 2008
A crise económica ou as concesións das eólicas andan tras o adianto electoral, segundo Antón Baamonde. "Pero o máis preocupante de todo", afirma, "é que en tres anos e algo de bipartito as medidas de democratización do país non foron articuladas".



Ferraz manda votar

Xoves 21 de Agosto, 2008
Nada que non sexan as razóns de partido, as do PSOE, leva a pensar na necesidade de acurtar ata sete meses a cita dos galegos coas urnas.

Un artigo de Luís A. Pousa




Fume sen lume

Martes 19 de Agosto, 2008
"Polo fume sábese onde está o lume", di a sabedoría popular e mesmo unha aria de zarzuela, outrora famosa. Pero as artes de certa política intentaron sempre que as leis da física non lle fosen de aplicación e hai moito tempo que inventaron o fume sen lume en forma de aparencias baleiras de contidos reais, de promesas incumpribles, de paraísos tan cribles como imposibles. Todo con tal de conservar o poder ou acceder a el engaiolando á xente para distraela dos seus verdadeiros problemas ou para convencela de que estes teñen solución doada.

Un artigo de Justo Beramendi