TemposDixital


Feijóo

Política eólica: a demolición

Luns 31 de Maio, 2010
Anxo Calvo, ex director xeral de Industria.

Se hai un ámbito onde o nihilismo do Goberno nacido nas eleccións do 1 de marzo acada cotas insuperables, ese é o da política enerxética, nomeadamente a eólica. Esta afirmación apóiase nun feito incuestionable: durante este primeiro ano de lexislatura, a actuación gobernativa do gabinete Feijoo en materia de parques eólicos estivo exclusivamente centrada en destruír todo o labor realizado polo Goberno de coalición BNG-PSOE.



Un balance do primeiro ano de goberno de Feijóo

Xoves 15 de Abril, 2010   Ler comentarios [1 comentario]
Carlos A. Amodedo Souto e Filipe. A. F. Díez, administradores do blog feijoomente.blogaliza.org

Transcorrido xa máis dun ano desde aquela noite do 1 de marzo, albíscanse xa as principais liñas do que estes catro anos de goberno neoconservador liderado por Alberto Núñez Feijóo van supor para o país. E o que se esculca non pode cualificarse, en balanzo xeral, de positivo. O goberno do Partido Popular desaproveitou en boa medida a súa maioría absoluta, pois en vez de conducir como un estadista –coas luces largas, afrontando os problemas de fondo do país na actual conxuntura–, o Presidente Feijóo conduciu o país coas luces de cruce, entregándose á satisfacción pragmática de obxectivos conxunturais, que non dan resposta a aqueles problemas, senón que obedecen á consolidación dos apoios políticos do partido no goberno.

Os condicionantes políticos da acción de goberno de Núñez Feijóo eran claros xa en marzo de 2009:

1. Consolidar unha vitoria pírrica. A maioría absoluta do Partido Popular é mínima. Depende dun escano. Isto dá lugar a unha intensa competitividade política na que –como lle aconteceu ao bipartito– o triunfo electoral nas seguintes eleccións depende da mobilización plena da base electoral propia e da desmobilización máxima da base electoral allea. Dado que os saldos de ambos os procesos son cada vez máis axustados, a formación de goberno depende dun número relativamente cativo de votantes. Este marco de oportunidade electoral condiciona a acción de goberno na medida en que, por unha banda, unha acción excesivamente crispadora pode mobilizar masivamente o voto de esquerda que se desmobilizou o 1 de marzo de 2009; mentres que, por outra banda, unha acción de goberno centrada ou excesivamente pragmática pode dar lugar á perda de apoios na dereita.

2. Gobernar Galiza para gañar en Madrid. Feijóo ten a necesidade de compatibilizar a súa axenda de goberno coa axenda electoral dun Partido Popular que a nivel estatal está na oposición e que necesita perentoriamente levar a Mariano Rajoy en 2012 á Moncloa, obxectivo para o cal está a loitar coas mesmas tácticas de crispación que vén ensaiando –con importante éxito– desde 2004.

3. A crispación, método de campaña e de goberno. A campaña electoral foi unha aplicación máis do manual da crispación amplamente desenvolvido polo Partido Republicano estadounidense nos anos noventa e polo propio Partido Popular español tras a derrota electoral de marzo de 2004. Porén, dado que a credibilidade social deste tipo de campañas tan competitivas, baseadas na destrución moral e persoal do inimigo, descansa na súa machucadora continuidade, non é de estrañar que as vitorias electorais acadadas sobre tal base dean lugar a unha acción de goberno igualmente crispada e competitiva –agora contra a oposición–, como vía de alimentación sistemática dos frames ou marcos de campaña que deron a maioría electoral.

4. A crise económica: de problema a oportunidade. A crise económica mundial desencadeada desde finais do 2007 comezou a golpear Galiza en 2008, mais o seu impacto na economía do país prodúcese especialmente a partir do primeiro ano da lexislatura 2009-2013. Nada fai presaxiar unha saída inmediata nin doada da crise, senón todo o contrario. Precisamente por iso, o Partido Popular ten moi claro o enfoque político fronte á crise: facer da necesidade virtude, imputándolle a crise ao inimigo e aproveitándoa para acadar dous grandes obxectivos: en primeiro lugar, os estruturais, netamente neocapitalistas e de clase; en segundo lugar, os superestruturais: utilizar a crise como ariete de desaloxo do goberno Zapatero e como instrumento de denigración constante da coalición PSdeG-BNG.

5. Superar o modelo ideolóxico do Partido Popular de Manuel Fraga. Consciente de que o fraguismo rematou coa xubilación política de Fraga en 2005, a acción de goberno de Alberto Núñez Feijóo buscou formulacións netamente distintas. Os tempos do conservadorismo paternalista, autoritario e neorrexionalista de Fraga deron paso a un modelo distinto, máis urbano e relambido, neoespañol, neoliberal e sen complexos. Un modelo que non dubida, por exemplo, en romper con consensos básicos do país como o da normalización da lingua galega para así introducir os marcos cognitivos propios da dereita a nivel estatal.

A clara inspiración ideolóxica do think tank neoconservador, a Fundación FAES, trasládase a unha acción de goberno construída como escaparate da oferta electoral a vender en toda España polo Partido Popular de Mariano Rajoy. Porén, o máis interesante a este nivel ideolóxico é a aposta de Núñez Feijóo por unha sorte de populismo neoliberal, que se torna visible en terreos como o da lingua vehicular no ensino, o canon eólico ou a reforma da política urbanística e territorial. Populismo consistente en converter a acción de goberno na simple aplicación das decisións que “votan os cidadáns democraticamente”: “o que quere a xente”. Nova versión do laissez faire, laissez passer que lexitima a abstención da esfera política e administrativa fronte ás dinámicas sociais, consideradas esencialmente válidas e positivas para a marcha do país: a mellor administración é a que non existe, a que non intervén e deixa que as forzas económicas, sociais e culturais dominantes guíen coa súa sabia man invisible o rumbo da nosa sociedade.

Estes cinco grandes obxectivos políticos de fondo foron guiando a acción de goberno de Núñez Feijóo, outorgándolle unha indubidable coherencia.

O artigo completo pódese consultar no número 155 de TEMPOS Novos, de abril de 2010.



A batalla das Caixas

Xoves 18 de Febreiro, 2010   Ler comentarios [1 comentario]
Enrique Sáez Ponte

En Galiza estase producindo unha batalla política que marcará un antes e un despois da súa capacidade de autogoberno. O que se decida sobre as caixas de aforros galegas nos vindeiros meses  será determinante, non terá volta atrás e marcará territorio, non só para as empresas afectadas, senón para as competencias da Xunta na súa regulación. É unha batalla de fondo que ten moitos matices e frontes, que provocan análises diversas e contrapostas, algunhas interesadas e moitas de enfoque limitado, que levan a enfrontamentos mesmo dentro dos grupos políticos máis representativos e, no caso dos partidos estatais, as tensións entre o centro e a periferia, ás que lles cómpre engadir os enfrontamentos puramente locais.



Algúns momentos da entrevista a Núñez Feijóo

Martes 9 de Febreiro, 2010   Ler comentarios [1 comentario]
O Presidente da Xunta respostou ás preguntas de Luís Álvarez Pousa, director de TN, e os colaboradores habituais Xosé Luís Barreiro Rivas, Xoan López Facal e Justo Beramendi.

Sobre o Borrador de Decreto sobre o uso das Linguas no Ensino non Universitario

"Estamos nunha sociedade onde, se os recursos o permiten, os propietarios sempre teñen a razón. O propietario dun centro educativo non é nin o goberno nin os profesores, son os pais, que son os que os pagan."
 
"O que non pode ser é que aquilo que quería facer o PSdeG e non puido porque os nacionalistas llo impediron, non o faga un partido que ten o respaldo para acometelo. "

Sobre a reforma do Estatuto

"Ao longo da lexislatura mandaremos unha proposta de reforma constitucional ao Parlamento. Cando estaba na oposición, pedín que o PSdeG e o BNG nos dixeran cal era a súa proposta de goberno para a reforma do estatuto. Non a tivemos."

O territorio e as infraestruturas

"Temos 315 concellos. Castela León ten 2.400. Pregunteille ao presidente de Castela León se tiñan previsto fusionar algún e díxome que iso sería case un problema irresoluble alí. Hai que ir a fórmulas fortes de agrupación e de verdadeira cooperación, de consorcios, de mancomunidades. Canto a pedir a transferencia para modificar ámbitos municipais, temos que ter en conta que  un dos motivos do recurso de inconstitucionalidade contra o novo Estatut de Cataluña está relacionado coa supresión que pretende das provincias para facer veguerías."

"Canto a Touriñán, hai determinados usos permitidos en Rede Natura. Se collemos a protección do litoral cos mesmos criterios que Touriñán, probablemente teñamos que renunciar á acuicultura. Como país temos que dicir se queremos dedicarnos á acuicultura ou non. Agora, o proxecto que eu inicialmente vin e o proxecto final non teñen nada que ver. Todo depende de como se faga. Regular e protexer é unha cuestión de maior intelixencia que prohibir."

Das Caixas aos medios

"Até o momento, o máis salientable neste asunto é que a Xunta de Galicia, os sindicatos, os empresarios e todos os partidos políticos agás o PSOE fixemos o traballo necesario, responsable e rigoroso, non só para que Galicia permaneza no mapa financeiro español, senón para que tamén estea nos principais postos financeiros de España. Grazas a ese traballo responsable e rigoroso, podemos garantir que a fusión das dúas caixas galegas asegura ao 100 por cento a galeguidade da entidade resultante, así como a súa solvencia e viabilidade."

"Recorra ou non o Goberno central a Lei de Caixas. Nós anunciamos o recurso de inconstitucionalidade e estamos neste momento nun período chamado conflito de competencia. Hai tres meses para recorrer a lei do FROB. Nós xa advertimos que se non chegamos a un acordo no FROB, imos recorrer ao Tribunal Constitucional, porque entendemos que atenta claramente contra o Estatuto de Autonomía de Galicia."

"E todos os medios teñen neste momento un sistema de axudas, convenios e publicidade inferior en máis de dous díxitos ao que tiñan cos gobernos anteriores. Pero é certo que non establecemos ningún criterio obxectivo, senón que collemos os antecedentes e fixemos un axuste substancial á baixa das axudas que xa viñan obtendo. O problema non se solucionou, pero tampouco se engordou."

O texto completo da entrevista pódese consultar no número 153 de TEMPOS NOVOS, do mes de febreiro.



Austeridade

Mércores 4 de Novembro, 2009   Ler comentarios [2 comentarios]
David Rodríguez

O concepto austeridade está moi imbricado nunha sociedade como a nosa que ten na tradición xudeucristiá un dos seus elementos constitutivos. Pola propia xénese do cristianismo –a relixión dos pobres– a falta de ostentación ou o desprendemento material foron considerados valores positivos. Porén se desde o mesmo comezo houbo contradicións entre o discurso e a práctica da igrexa no que ten a ver coa austeridade (a primeira xa cando Cristo ten que botar aos mercaderes do templo), aquelas –por poñer outros exemplos– aflorarían de xeito especialmente incisivo nos debates escolásticos entre benedictinos e franciscanos do s. XIII (lembrar O nome da rosa) e, xa máis preto de nós no tempo, nas disputas entre o Vaticano e os cregos da Teoloxía da Liberación.



A desamortización dos inútiles

Venres 16 de Outubro, 2009
Xurxo Borrazás

A Xunta popular está a protagonizar unha nova restauración. Abandéirana os recortes do estado de benestar, os ataques á cultura galega e a fractura social. Se cadra, seguindo coa metáfora do autor, a mangueira de Cerdedo estaria abusando dun modelo que non lle acae ben ao contexto social e cultural galego.



Cultura despresurizada

Venres 10 de Xullo, 2009
Editorial de TEMPOS Novos nº 146



A grella ‘popular’ dos medios públicos

Venres 3 de Xullo, 2009
As primeiras decisións de Feijóo sobre a Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) incumpren o que esixira antes dende a oposición. O PP volve asexar os medios públicos.

Un artigo de Marcos S. Pérez




A política lingüística e cultural que vén

Venres 3 de Xullo, 2009   Ler comentarios [2 comentarios]
Mestos interrogantes sobre o rumbo da problemática do galego e un lugar secundario para a cultura son os primeiros indicios da nova acción gobernamental.

Un artigo de Miguel Vázquez Freire




A nova Xunta: nin tan nova, nin tan eficaz

Venres 3 de Xullo, 2009
Tanto por razóns de eficacia organizativa, coma polo lene aforro que ao final supón, o recorte de estrutura e cargos da administración autonómica é totalmente discutíbel.

Un artigo de Alba Nogueira