TemposDixital


Política

O momento da nova esquerda galega?

Luns 22 de Marzo, 2010
Marcos Pérez Pena

O encontro de Rolda Rebeldía en Compostela xuntou a movementos sociais, partidos e activistas. Un debate en marcha que provoca malestar na dirección do Bloque.



Anxo Lorenzo: “A estas alturas eu xa non teño moi claro que é a normalización”

Venres 15 de Xaneiro, 2010   Ler comentarios [2 comentarios]
Belén Puñal

Escolma da entrevista concedida ao Secretario Xeral de Política Lingüística a TEMPOS NOVOS, e publicada no seu número 152, xa nos quioscos.

"O decreto do 2007 provocou unha reactividade moi importante e en maior ou menor medida propiciou o cambio electoral de 2009. Segundo, por primeira vez, neste decreto de 2009 váiselle pedir opinión, mediante a petición dun informe, ao Consello da Cultura Galega e á Real Academia Galega, cousa que nunca antes se fixera. "

"Hai claramente na sociedade galega un sentir maioritario favorable á promoción do galego, a que o galego teña un uso e unha presenza igualitaria respecto do castelán. Agora, o que esta sociedade non quere, creo, é que fagamos unha política lingüística que estabeleza obrigas máis aló do mínimo estrito necesario. Concretamente no ámbito do ensino non universitario, teño claro que a sociedade galega non quere un ensino maioritariamente en galego."

"Os datos da RAG son matizables en moitos sentidos. A mostra coa que se fixo o mapa do 2004 non é semellante nin comparable á mostra  de 1992. En calquera caso, a cuestión fundamental para min nestes momentos non é esa, senón estoutra: a sociedade galega está disposta a apoiar un modelo de ensino maioritariamente en galego e incluso cunha aposta cara á inmersión en galego? Se é que prefire un modelo máis ben equilibrado, unha segunda pregunta sería: é posible que o galego teña unha presenza digna, e incluso que se recupere a súa utilización en sectores claves da sociedade galega, estabelecendo este equilibrio no ensino e indo a políticas de promoción e de dinamización fóra do ámbito escolar? A miña resposta é si. Nas bases do decreto hai unha proposta de promoción da lingua galega a partir diso que agora chamamos equipos de dinamización da lingua galega. Vaise facer dinamización dende os centros."

"O modelo catalán foi exportado ou intentado exportar a moitas partes de España e do mundo. É un modelo interesante. Agora ben, detrás hai unha sociedade catalá maioritariamente favorable á inmersión lingüística, a unha discriminación positiva profunda cara ao catalán, a delegar nos poderes públicos a realización dunha política lingüística cun nivel regulador forte. De aí que os cataláns teñan dende o 98 unha lei de política lingüística tremendamente regulamentarista. "

"A proposta que nós facemos en infantil non consiste nun ensino monolingüe, senón plurilingüe. Deixando iso claro, este tipo de posibilidades excepcionais, como pode ser a segregación para favorecer o galego, haberá que estudalas. Non compete ao decreto, porque isto faise a través de ordes, pero é unha cuestión que se podería estudar."

"É que eu a estas alturas xa non teño moi claro que é a normalización, un concepto dos anos 60 con tal desgaste semántico que prefiro deixar para os especialistas, para facer congresos e para escribir artigos en revistas especializadas. Dende a acción política prefiro falar de dinamización, de promoción, de fomento, de activación, de utilización real da lingua. Non de algo que ao final xa non sabemos moi ben o que é."



Que se coce no forno da comunicación política: Fermín Bouza e Juan Jesús González

Mércores 15 de Abril, 2009
Contra a crenza de que o que coñecemos por "opinión pública" se fabrica no laboratorio dos medios, ou é apenas un efecto especulativo do mercado político, Fermín Bouza (Catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid) e Juan J. González (Profesor da Facultade de CC. Políticas e Socioloxía da UNED) osman nela síntomas inequívocos dunha voz cidadá. E de que a crise acabou de arrebolar o realismo das experiencias persoais encol da axenda pública. Ao tempo, co PSOE fosilizado e o PP a practicar consigo antropofaxias, xulga Bouza que "a vida política está desactivada". O catedrático de Socioloxía participou en febreiro no II Curso de Especialización Xornalística, que organiza o grupo de investigación da USC Cidadanía e Comunicación. Canda el veu González, cuxo retorno ao seminario, o 30 de abril, será para medir o papel do xornalismo durante os procesos electorais. Comparten epistemoloxía e desacordos, e ademais o convencemento de que en Madrid o forno da comunicación política non está para bolos.

Texto de Aurelio Castro e foto de Tamara de la Fuente




Os tres pés da política cultural

Venres 3 de Abril, 2009
Rematada a legislatura, ábrese un espazo para albiscar o andado pola cultura do país. O autor revisa os tres pés das súas políticas culturais: a promoción de espectáculos, a proxección exterior e a Cidade da Cultura.

Un artigo de Xurxo Borrazás




Ter presente os obxectivos do milenio

Mércores 1 de Abril, 2009
O novo presidente da Xunta e o seu goberno, non poden esquecerse das necesidades humanas. Por mor diso, cómpre estar moi vixiantes para que non deixen nunha banda as súas promesas iniciais ao respecto da Cooperación ao Desenvolvemento.

Un artigo de Juan Carlos Vila




Expectativas ambientais do novo executivo

Martes 31 de Marzo, 2009
A principal expectativa nos temas ambientais logo da victoria do PP nas eleccións autonómicas é ver o peso que se lle van dar a estas cuestións no novo Executivo.

Un artigo de Celestino Quintela




Núñez Feijóo: Corredor de fondo

Martes 31 de Marzo, 2009
É un corredor de fondo. Ten fama de tecnócrata e de xestor. Con esta bagaxe, chegou a Galicia para formar parte do derradeiro goberno fraguista. No momento máis oportuno. Cun goberno agostado desde a crise do Prestige, e coa retirada cantada de Fraga ao perder o goberno, Alberto Núñez Feijóo preséntase como a alternativa. Agora é o novo líder da dereita galega e ensaia novo discurso e novo estilo político. Quixemos entrevistalo a fondo. Aceptou un encontro cos analistas políticos de TN.

Unha entrevista de Luís Álvarez Pousa, Xose Luís Barreiro Rivas, Justo Beramendi e Xoán López Facal




A política europea do goberno galego

Martes 31 de Marzo, 2009
Non existe en Galicia unha verdadeira política europea. Cómpre unha modernización na defensa dos intereses galegos ante a UE e unha representación oficial en Bruxelas.

Un artigo de Serafín Pazos Vidal




Aires novos na política científica da Casa Branca

Luns 23 de Marzo, 2009
O presidente de Estados Unidos, Barack Obama, ven de asinar unha orde executiva (decreto) pola que se anula a prohibición, establecida en 2001 por George W. Bush, de financiar con fondos públicos as investigacións con células troncais embrionarias.

Un artigo de Daniel Soutullo




Marcas presidenciais, liderados febles

Sábado 21 de Marzo, 2009
"O Presidente","Quin" e "FeijO09" foron as marcas para disfrazar o insuficiente vigor simbólico de cada líder. Mentres, campañas e medios volveron facer boas migas.

Un artigo de Marcos S. Pérez