TemposDixital

A contratempo da actualidade
 A Directiva da Vergoña
De agora en adiante na UE, as persoas "sen papeis" poderán ser retidas durante dezaoito meses en centros de internamento, mentres se tramita a súa expulsión. Poderán ser detidas mediante unha orde administrativa e logo de expulsadas, non poderán pisar territorio europeo en cinco anos. Poderán ser repatriadas mesmo as menores de idade, acompañadas ou non. Pero por certo, a repatriación poderá ser ao país de orixe ou a un outro de tránsito, co que Bruxelas teña asinados acordos. Velaquí a directiva sobre o retorno dos inmigrantes, tamén ben coñecida coma "da vergoña". Aprobada o 18 de xuño, sen emendas, cunha maioría de 369 votos. Todos os eurodeputados do PSOE votaron a prol agás tres (Josep Borrell y Raimon Obiols, en contra, e Martí Grau i Segú, que se abstivo). Días despois, José Luís Rodríguez Zapatero atribuía as críticas á directiva "á ignorancia supina ou á demagoxia irresponsábel".

Imaxe

José Luís Rodríguez Zapatero durante a celebración da Copa América 2007 en Valencia


Abrir os ollos

Un artigo de Xulio Ríos, director do IGADI


Unha vergoña ilegal?

Un artigo de Fernando Blanco Arce, responsábel da Comisión Penitenciaria de Esculca







MÁIS CLAVES



“Coñecer mellor o VIH é coñecer mellor ao ser humano”

Xoves 3 de Xullo, 2008
A vacina do VIH semella unha nova pedra filosofal. Cando algúns pensaban que a receita máxica estaba xa case ao alcance da man, o fracaso dos ensaios da farmacéutica Merck fixo que as expectativas se esvaecesen como auga entre os dedos. O virus é demasiado intelixente, complexo e rápido: muta a máis velocidade que o da gripe. Cales han de ser agora as estratexias a seguir? Benito Regueiro e Antonio Aguilera, que investigan no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, insisten en non perder a esperanza: nunca se avanzou tan rápido como na actualidade.

Unha entrevista de Belén Puñal


O parto sonoro da improvisación

Martes 1 de Xullo, 2008
O último mércores de cada mes, na Sala Nasa, as "sesións vibracionais" suspenden as gramáticas dominantes da música. Trátase nelas de aprender a falar sen partitura. Da invención de intrumentos ou de como tocalos, segundo un gozo infantil desaparecido. De improvisar, coma na propia vida. O grupo Parto, alquimistas do aquófono, e a orquestra O.M.E.GA, que o 2 e 3 de xullo despiden a temporada con dous concertos no local compostelán, son a cerna en Galiza desta comunidade sonora.

Un artigo de Aurelio Castro


O Xan Bouzada que eu quixen

Martes 1 de Xullo, 2008
Foise o sociólogo, o profesor, o observador crítico da cultura. Un amigo de TEMPOS Novos, revista da que foi cofundador e na que tivemos o privilexio de contar coa súa colaboración. Cabo deste obituario, incorporamos tamén á nosa hemeroteca o seu artigo "Os retos da sociedade civil", publicado na TEMPOS Novos nº104 (xaneiro de 2006).

Un artigo de Carlos Fernández


Maio do 68 ou o ocaso do Partido

Martes 1 de Xullo, 2008
As revoltas estudiantís provocaron estupor e rexeitamento nos partidos comunistas europeos. Maio do 68 foi, defende o autor deste texto, o inicio da súa decadencia.

Un artigo de Enrique Sáez


A produción de leite en Galicia

Martes 17 de Xuño, 2008
Urxen mudanzas de fondo no agro galego. Tal é o caso da redución dos custos de produción, con explotacións máis sostíbeis, ou tamén a industrialización do sector leiteiro.

Un artigo de Francisco Sineiro





Promoción Tempos